Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 30 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio dos procedementos sancionadores por infracción na orde social (expediente 76717942Q/22/07/2019/2.1.E e un máis).

Intentadas as notificacións das comunicacións do inicio dos procedementos sancionadores ditadas polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polas cales se acorda o inicio dos expedientes sancionadores arriba referenciados, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúanse as notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen de quince (15 )días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) para formularen, por escrito, as alegacións que xulguen oportunas, documentalmente acreditadas ante a oficina de emprego do Carballiño, sita na rúa Otero Pedrayo, 20, baixo, do Carballiño, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como para os efectos de coñeceren integramente o contido da comunicación de inicio ditada polo xefe territorial.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles as persoas interesadas que, se transcorrido o dito prazo non achegan alegación en tempo e forma, se ditará a correspondente resolución por parte da Xefatura Territorial de Ourense, que dispón dun prazo de seis meses, desde a data deste acordo, para notificarlles a resolución pertinente.

Ourense, 30 de setembro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 76717942Q/22/07/2019/2.1.E.

Persoa interesada: DNI 76717942Q.

Concello: Boborás.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da comunicación: comunicación por parte da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes ao dereito á prestación ou subsidio recoñecido.

Expediente: X9018686H/15/07/2019/2.1.E.

Persoa interesada: NIE X9018686H.

Concello: O Irixo.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da comunicación: comunicación por parte da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes ao dereito á prestación ou subsidio recoñecido.