Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45012

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 3 de outubro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificada pola Orde do 12 de marzo de 2019 (DOG núm. 51, do 13 de marzo) e pola Orde do 11 de abril de 2019 (DOG núm. 72, do 12 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o 17 de outubro de 2019, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo con tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2019

Vanessa Cal Ríos
Presidenta do tribunal