Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Saúde Pública, polo que se notifica un acto administrativo relativo ao expediente sancionador 2019062TA-CO por infracción en materia sanitaria.

Intentada a notificación segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao non ser posible efectuala, por medio do presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á persoa/entidade recollida no anexo o contido do acto administrativo que figura para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2019062TA-CO.

Documento de identificación: 47350283E como responsable da Cafetería Marchesi 35.

Último enderezo coñecido: rúa Alcalde Marchesi, 35, 15006 A Coruña.

Acto que se notifica: carta de pagamento polo importe de catrocentos cinco euros con sesenta céntimos (405,60 €), unha vez aplicada a redución do 40 %.