Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018391TA-CO por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018391TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Coruña á persoa titular do documento de identificación 10570157R, como titular do café bar especial Sweet Lounge & Cocktails.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2018391TA-CO.

Documento de identificación: 10570157R como titular do café bar especial Sweet Lounge & Cocktails.

Último enderezo coñecido: rúa Socorro, 14, baixo, 15004 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601,00 €.