Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44887

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública comunicación de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, no relativo á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

Titular catastral

4707/2018

2827919PJ1322N0003BJ

Río Pedroso 7, Magazos, Viveiro

Hros.de Francisco Cal Fernández

5594/2018

4069103PJ1346N0002KM

4069114PJ1346N0002ZM

ER Ribadeo-Tercera 90, Celeiro, Viveiro

ER Ribadeo-Tercera 291, Celeiro, Viveiro

Hros. de Fernández Martínez Domingo

En investigación

3235/2019

27067A009003300000XF

Parcela 330, polígono 9 en Rego, Campo de Verdes, Viveiro

Consuelo Cociña Castiñeira

Viveiro, 24 de setembro de 2019

María Loureiro García
Alcaldesa