Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44815

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (696/2017).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, en funcións, fago saber que neste xulgado do social se ditou a Resolución do 18 de setembro de 2019, dirixida a Rutas Coruña, S.L., contra a cal non cabe interpor ningún recurso. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

Para que sirva de notificación en legal forma a Rutas Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de setembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza