Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 11 de setembro de 2019, de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 492, 493 e 494 do polígono 42, do termo municipal de Sobrado dos Monxes (CFA 115/2018).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, mediante a Resolución do 11 de setembro de 2019, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 492, 493 e 494 do polígono 42, do termo municipal de Sobrado dos Monxes. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi emitido con data do 27 de agosto de 2019.

A Coruña, 2 de outubro de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña