Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44787

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 2 de setembro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal, por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas da categoría de facultativo especialista de área para os servizos sanitarios de atención especializada da dita xerencia.

A Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Resolución do 11 de decembro de 2018 (DOG nº 240, do 18 de decembro), da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica o pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O’MEGA, CC.OO., UGT e CSIF sobre a selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Ferrol

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, mediante vinculación temporal, por concurso de méritos, de diversas prazas de facultativo especialista de área para os servizos sanitarios de atención especializada da dita xerencia e que se relacionan no anexo.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, no Rexistro Xeral da dita xerencia, sito no Hospital Arquitecto Marcide, avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), ou a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e no Punto de Atención ao Traballador/a (PAT) da Dirección de Recursos Humanos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 2 de setembro de 2019

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Especialidade

Prazas

Nomeamento

Análises clínicas

1

Interinidade en praza vacante

Análises clínicas

1

Reserva de praza

Cirurxía xeral e A.D.

1

Interinidade en praza vacante

Medicina física e rehabilitación

1

Reserva de praza

Medicina intensiva

1

Interinidade en praza vacante

Obstetricia e xinecoloxía

1

Interinidade en praza vacante

Oftalmoloxía

1

Interinidade en praza vacante

Radiodiagnóstico

1

Interinidades en praza vacante

Radiodiagnóstico

1

Reserva de praza

Reumatoloxía

1

Reserva de praza

Uroloxía

1

Reserva de praza