Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44629

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2019.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorporan como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2019 (DOG núm. 101, do 29 de maio), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019 por esta consellería, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no segundo cuadrimestre de 2019

Descrición

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos de Arteixo, Culleredo e A Coruña, para a coordinación dos servizos de transporte público das súas respectivas competencias con orixe ou destino nas urbanizacións da Zapateira.

13.5.2019

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no primeiro cuadrimestre de 2019

Descrición

Data da sinatura

Importe

Convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Pontevedra, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

14.3.2019

4.613.752,4 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos da Coruña e Oleiros, para a coordinación dos servizos de transporte público das súas respectivas competencias con orixe ou destino na zona de Santa Cristina.

5.4.2019