Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44601

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 3 de setembro de 2019 pola que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Asesor en Investigación e Innovación de Galicia.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, modificada pola Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, creou o Consello Asesor en Investigación e Innovación de Galicia como o órgano colexiado de participación e consulta dos axentes do Sistema galego de investigación e innovación nos asuntos relacionados coa investigación, transferencia, valorización e innovación.

Mediante a Orde do 25 de xuño de 2019, publicada no DOG núm. 129, do 9 de xullo, nomeáronse os membros do Consello Asesor en Investigación e Innovación de Galicia, de acordo cos artigos 22.1 e 22.3 da dita lei.

O artigo 2 da dita orde dispón que, unha vez que o Consello Galego de Cámaras designe unha persoa en representación das empresas, se procederá ao seu nomeamento e dese modo quedará completada a composición do Consello Asesor.

E consecuencia, e por proposta do citado axente,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear a seguinte persoa como membro do Consello Asesor en Investigación e Innovación de Galicia:

En representación do Consello de Cámaras de Galicia a:

Miguel Ángel García Miguéns.

Artigo 2

O dito nomeamento, conforme o artigo 22.4 da Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, modificado pola Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, terá unha duración do mandato de catro anos, sen posibilidade de reelección.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2019

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria