Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44512

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

Obxecto: prestar apoio técnico e administrativo na tramitación das axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Prazo de vixencia: desde o 1 de marzo de 2019 ata o 30 de novembro de 2019.

Orzamento: 92.809,32 €.

Financiamento: esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aplicación orzamentaria 09.A4.741A.640.0, proxecto contable 2018 00005.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal