Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente IN 635C 2018/40-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os interesados son informados de que os expedientes están á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, no Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 26 de setembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado

NIF

Acto que se notifica

Concello

IN 635C 2018/40-1

Marisa-Arteixo, S.L.

B15657737

Proposta de resolución

Arteixo

IN 635C 2018/41-1

Explotación Agrícola Pena Loureiro, S.L.

B70111828

Proposta de resolución

Culleredo

IN 635C 2018/42-1

Cincocontracinco Sport, S.L.

B70373766

Proposta de resolución

A Coruña