Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44428

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 29 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 19 de xullo de 2019, de conformidade coa Orde do 29 de abril de 2019 (DOG núm. 92, do 15 de maio) para a execución de:

– 4 proxectos de acción humanitaria no exterior que van executar as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de douscentos setenta e nove mil oitocentos noventa e un euros con cincuenta e dous céntimos (279.891,52 €), nas contías, beneficiarios e finalidade, que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2019

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención proposta

PR 811A 2019/1

Farmacéuticos Mundi

Promover o dereito á saúde a través dunha estratexia de acceso a WASH entre a población refuxiada do asentamento de Kyaka II, Uganda, que fuxe da violencia xeneralizada e da epidemia de ébola en RDC.

73.700,00

70.000,00

PR 811A 2019/6

Médicos del Mundo

Mellorada a resiliencia da poboación gazatí ante riscos de saúde ortopédica.

78.975,00

69.975,00

PR 811A 2019/4

Fundación UNICEF

Suministracións e servizos esenciales de nutrición para as nenas, nenos e mulleres máis vulnerables en República Centroafricana.

149.415,00

70.000,00

PR 811A 2019/5

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Protección a través do acceso á educación temperá de nenas e nenos refuxiados no campo de Dzaleka, Malawi.

85.089,72

69.916,52

Total convocatoria

387.179,72

279.891,52