Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44552

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 87/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 87/2019, seguido por instancia de José Manuel Castro Lago contra Foto Artus, S.L., sobre execución de sentenza número 264/2019, do 22 de maio, ditáronse auto despachando execución e decreto de embargo, ambos os dous con data do 24 de xullo de 2019, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Foto Artus, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza