Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 7 de outubro de 2019 Páx. 44326

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2019 pola que se corrixe a oferta de emprego público de prazas de persoal de Administración e servizos para o ano 2018.

Advertido un erro no anexo da resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 248, de luns 31 de decembro, no número de prazas reservadas para promoción interna, xa que non se acada a porcentaxe do 25 % previsto no artigo 80 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e co fin de dar cumprimento ao legalmente establecido, procédese a incrementar 1 praza na quenda de promoción interna e minorar 1 praza de quenda libre. Esta modificación non comporta ningunha alteración na oferta de emprego pública autorizada, nin na taxa de reposición correspondente a ese exercicio.

Tendo en conta o anterior, a Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, no uso das atribucións conferidas no artigo 91 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, resolve que se publique a seguinte corrección onde di:

«

Promoción interna

Acceso libre

Subgrupo/Grupo

Escala/Categoría

Cupo xeral

Cupo xeral

Persoal funcionario

A2

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, esp. bibliotecas

1

4

»

Debe dicir:

«

 

Promoción interna

Acceso libre

Subgrupo/Grupo

Escala/Categoría

Cupo xeral

Cupo xeral

Persoal funcionario

A2

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, esp. bibliotecas

2

3

»

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela