Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 7 de outubro de 2019 Páx. 44323

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos acordos de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos acordos de colaboración subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria no segundo cuadrimestre do ano 2019 e que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no segundo cuadrimestre do ano 2019

Acordo

Obxecto

Importe económico

Data da sinatura

Duración

Convenio de colaboración entre a Fundación Juana de Vega e a Consellería do Medio Rural para a coordinación, organización e funcionamento dos grupos de traballo sobre o sector lácteo creados pola consellería e a elaboración da estratexia de dinamización do sector lácteo galego.

Regular o marco de colaboración entre as institucións asinantes para a realización conxunta das actividades de coordinación, organización e funcionamento dos grupos de traballo interno e externo sobre o sector lácteo, creados para a elaboración da Estratexia de dinamización do sector lácteo galego.

120.000 euros

1.8.2019

Anualidades 2019 e 2020