Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 7 de outubro de 2019 Páx. 44355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 13 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2017/30-1).

Expediente: IN407A 2017/30-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: modificado 1 para o recuamento da LMT SAD-704 no lugar de Lorbé.

Concello: Oleiros.

Características técnicas:

• Liña eléctrica de media tensión aérea a 15 kV de 0,477 km, coa orixe no apoio núm. 32 existente da LMT SAD704 onde se realiza a derivada ao CT Pereiroa (expediente 52.346) e remate no apoio núm. 35 proxectado que se vai intercalar na LMT SAD704, no treito entre a derivada ao CT Pereiroa (expediente 52.346) e o CT Lorbé (expediente 172/09), con condutor tipo LA 110 mm2 AL existente a retensar.

• Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV de 0,339 km, coa orixe no paso aéreo a soterrado a realizar no apoio núm. 35 proxectado que se vai intercalar na LMT SAD704, no treito entre a derivada ao CT Pereiroa (expediente 52.346) e o CT Lorbé (expediente 172/09) e remate na cela existente do CT Lorbé (expediente 172/09), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 13 de setembro de 2019

O xefe territorial da Coruña
P.A. (Artigo 62.3 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Francisco Javier Filgueira Rodríguez
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/30-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: modificado 1 para o recuamento da LMT SAD-704 no lugar de Lorbé.

Concello: Oleiros.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Paraxe: A Fardina.

Cultivo: prado.

Propietario: Ángel Manuel Fernández López.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 35.

• M2: 10.0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais soterrados: 9.0.

• M2 soterrados: 32.0.