Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 7 de outubro de 2019 Páx. 44337

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 61/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 de A Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 61/2019, seguido por instancia de David Barreiro Romero, Cora Barreiro Romero contra Cocina Novar, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou Decreto do 2 de setembro polo que se declarou a executada en situación de insolvencia total e se acordou o arquivamento provisional das actuacións; poderase interpoñer recurso directo de revisión no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Cocinas Novar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza