Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de conversión de dereitos de plantación en autorización de plantación de viñedo DV/32/2019/065 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa eficacia queda supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Explotacións Agrarias.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 20 de setembro de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expedientes: DV/32/2019/065, DV/32/2019/066, DV/32/2019/067.

Interesado: 29065025V.

Acto de notificación: requirimento de solicitude de conversión de dereitos de plantación en autorización de plantación de viñedo.