Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2019/096-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT GON807 avenida Portugal (PO-340).

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: LMT aérea (actuación 1) a 20 kV con condutor tipo LA110 de 1 metro de lonxitude, co orixe no apoio metálico proxectado nº 2 e final no apoio metálico proxectado nº 2. LMT aérea (actuación 2) a 20 kV con condutor tipo LA110 de 1 metro de lonxitude, co orixe no apoio metálico proxectado nº 3 e final no apoio metálico proxectado nº 3. LMT subterránea (actuación 1) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 254 metros de lonxitude, co orixe no PAS do apoio metálico proxectado nº 2 e final no CT A Xunqueira. LMT subterránea (actuación 2) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 216 metros de lonxitude, co orixe no CT A Xunqueira e final no PAS do apoio metálico proxectado nº 3, actuacións situadas no concello de Nigrán (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en toda as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente en dereito.

Pontevedra, 13 de setembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra