Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 43830

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 30 de setembro de 2019 de nomeamento dun membro do Consello de Bioética de Galicia.

Desde o Consello de Bioética de Galicia enviouse escrito ao conselleiro de Sanidade no cal se propón o nomeamento de Juan Carlos Trillo Alonso como membro do citado consello.

Antecedentes:

A Orde do 16 de outubro de 2015 pola que se regulan as funcións, a composición e o funcionamento do Consello de Bioética de Galicia foi obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 27 de outubro.

Publicouse no DOG do día 23 de novembro de 2015 a Orde do 16 de novembro de 2015, mediante a cal se nomearon os membros integrantes do Consello de Bioética de Galicia e, posteriormente, esta composición mudou parcialmente en dúas ocasións, con publicación no DOG do 13 de marzo e 14 de xuño de 2019.

Consideracións legais e técnicas:

De conformidade co parágrafo II do número 1 do artigo 3 da Orde do 16 de outubro de 2015, os membros do Consello de Bioética de Galicia serán nomeados e cesados pola persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade por un período de tres anos, prorrogables por outro período de igual duración. Tanto o nomeamento como o cesamento serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

Pola súa banda, no que atinxe á composición numérica, segundo dispón o referido número 1 do artigo 3 da orde, o Consello de Bioética de Galicia estará integrado por un máximo de vinte membros, que deberán dispor de titulación en Ciencias da Saúde, Humanidades ou Ciencias Xurídicas e Sociais. Polo menos a metade deles deberá ter formación en bioética.

Na actualidade, a composición do Consello axústase ao citado tope numérico e, coa vontade de mantelo, propúxose o nomeamento de Juan Carlos Trillo Alonso.

Logo de ver o que se expuxo,

ACORDO:

O nomeamento de Juan Carlos Trillo Alonso como membro do Consello de Bioética de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade