Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43587

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 17 de setembro de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2018/19 (código de procedemento ED311F).

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 187, do mércores 2 de outubro de 2019, cómpre facer as seguintes rectificacións:

Na páxina 43421, no sumario, e na páxina 43442, no anexo I (continuación), na lexislación aplicable, onde di: «Orde do 17 de setembro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2018/19 (código de procedemento ED311F).», debe dicir: «Orde do 17 de setembro de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2018/19 (código de procedemento ED311F).».