Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no relativo aos usos en ordenanzas residenciais de solo urbano e de núcleo rural no concello da Betanzos (expediente 2019AAE2350; código 2217/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o Informe ambiental estratéxico, do 19 de setembro de 2019, sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no relativo aos usos en ordenanzas residenciais de solo urbano e de núcleo rural no concello da Betanzos.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático