De conformidade co disposto no artigos 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 6 de setembro de 2019, de baixa do establecemento que no anexo se menciona, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar polos medios habituais.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 23 de setembro de 2019
Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo
ANEXO
Establecemento: Areito Tours.
Signatura: XG-LU-000044.
Interesado: Julio Regil Herasme Medina.
Domicilio: avenida de Magoi 49, portal 2.
Municipio: Lugo.