Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43634

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (44/2019).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 44/2019, por instancia de María Isabel Carrillo Rama contra a executada Ernesto Cereijo Caneda, sobre despedimento, se ditou o día 13 de setembro de 2019 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 7.693,71 euros en concepto de principal (1.212,48 euros de indemnización máis 6.481,23 euros de salarios), máis 769,37 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza