Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43461

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1455/2019 MRA).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 1455/2019 MRA

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 545/2017 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Nikola Yordanov Ilchev

Avogado: Manuel Casal Fraga

Procurador: Jose Antonio Castro Bugallo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Constructora Eshor, S.L., Camilo Ares, S.L., Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, María de los Ángeles Gómez Lage

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1455/2019 desta sección, seguido por instancia de Nikola Yordanov Ilchev contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Constructora Eshor, S.L, Camilo Ares, S.L., Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61 sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos

Desestimamos o recurso de suplicación interposto polo avogado Manuel Casal Fraga, en nome e representación de Nicola Yordanov Ilchev, contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, do 29 de xaneiro de 2018 en autos nº 545/2017, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza.

Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso faise mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Camilo Ares, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza