Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentada a notificación persoal, emprázase a persoa interesada identificada no anexo para ser notificada por comparecencia.

A resolución obxecto de notificación ditouna o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para iniciar o expediente de extinción da autorización do CPR Formega, de Ferrol.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A notificación da resolución poderá recollerse na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoas interesadas: representante legal da Fundación do Metal para a Formación, Cualificación e Emprego.