Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de setembro de 2019 polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Combarromar, S.A. para a modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada á empresa Combarromar, S.A. para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Combarro (expediente 13-14-05-C-1).

O día 30.8.2019 a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada a Combarromar, S.A. para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Combarro, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia