Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43231

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO da oferta de emprego público 2017.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 19 de setembro de 2019 aprobouse a oferta de emprego público deste concello para o ano 2017, que contén as prazas que se citan a seguir:

1. Funcionarios de carreira:

Nº prazas

Denominación

Escala

Subescala

Grupo

Quenda

1

Administrativo/a

Administración xeral

Administrativa

C1

Libre

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local no artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo durante o prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ao da referida publicación, sen perxuízo de que se poda interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Begonte, 19 de setembro de 2019

José Ulla Rocha
Alcalde