Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43234

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a provisión de prazas incluídas na oferta de emprego público 2016.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 136, do 19 de xullo de 2019, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover en propiedade a praza vacante deste concello coas seguintes características:

a) Grupo: A; subgrupo A2. Escala: Administración xeral; subescala: xestión. Número de vacantes: 1.

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 138, do 23 de xullo de 2019, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover en propiedade a praza vacante deste concello coas seguintes características:

a) Grupo IV de persoal laboral. Denominación: albanel. Número de vacantes: 1.

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 161, do 27 de agosto de 2019, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover en propiedade as prazas vacantes deste concello coas seguintes características:

a) Grupo IV de persoal laboral. Denominación: encargado de obras e servizos. Número de vacantes: 1.

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

b) Grupo IV de persoal laboral. Denominación: animador de tempo libre. Número de vacantes: 1.

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación dos anuncios das convocatorias no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 4 de setembro de 2019

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde