Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados en varios procedementos (expediente BS210A/LU-0000041122 e dous máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas dos requirimentos das emendas das solicitudes ditados nos procedementos instados polas persoas interesadas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Emprázanse as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen a comparecer para teren coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no centro base-rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

De conformidade coa norma do procedemento administrativo común das administracións públicas de aplicación, advírtese que estes requirimentos lles outorgan ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para a emenda da solicitude. Transcorrido o dito prazo sen realizaren a emenda, consideraranse desistidas da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e procederase ao arquivamento do expediente logo de resolución ditada nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 19 de agosto de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/ proced. BS210A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000041122

33805715-Q

Requirimento de documentación

23.5.2019

LU-0000042527

34139548-G

Requirimento de documentación

13.6.2019

LU-0000045941

33024113-T

Requirimento de documentación

23.5.2019