Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43160

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de maio a agosto do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia 2019.

10.5.2019

665.400,00 €

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Consorcio para o desenvolvemento de apliacións de xestión universitaria (CIXUG), para a posta en marcha dun plan de fomento do emprendemento a través de iniciativas empresariais de base tecnolóxica no ámbito universitario de Galicia.

11.5.2019

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Associação Empresarial de Viana do Castelo (AEVC) para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

16.5.2019

7.825,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para o desenvolvemento da actividade de coordinación do eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

21.5.2019

72.379,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Valga para a redacción do proxecto denominado Recuperación do patrimonio histórico cultural mineiro.

9.7.2019

40.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións da Estrada, para o financiamento conxunto dun cambio de iluminación eficiente e pintado exterior no recinto feiral.

17.7.2019

12.000.00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, para a realización de varias actuacións para o impulso e apoio ao comercio e á artesanía no marco do Xacobeo 2021.

19.7.2019

145.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para apoiar a estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2019.

19.7.2019

107.631,75 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia no ano 2019.

29.8.2019

89.952,00 €

Convenio de colaboración interadministrativo entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, o Concello de Noia, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos para a análise do risco de subsidencia nos labores mineiros da antiga explotación coñecida como mina Carmen no barrio da Barquiña (Noia).

29.8.2019

30.000,00 €