Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42832

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura e Turismo nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Título

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización dun circuíto teatral a nivel autonómico e o Festival Agustín Magán

2.5.2019

30.000,00 €

Convenio co Mosteiro Cisterciense de Santa María A Real de Oseira para o servizo de restauración dos paramentos murais policromados do testeiro do muro sur do cruceiro da igrexa do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) no marco do programa operativo Feder 2014-2020

6.5.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón para a realización de actuacións de normalización lingüística

7.5.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo para o Museo da Imprenta de Mondoñedo

7.5.2019

48.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Eduardo Pondal para actuacións de mantemento, conservación e accesibilidade na fundación

7.5.2019

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Colectivo Xelmírez para actuacións en materia de normalización lingüística

7.5.2019

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para actuacións en materia de normalización lingüística

7.5.2019

7.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Rosalía de Castro para o acondicionamento dos pavimentos dos xardíns exteriores aos edificios da fundación e da Casa Museo Rosalía de Castro

8.5.2019

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Baiona para a concreción da habilitación legal contida no artigo 65 da Lei 5/2016, do 4 de xuño, do patrimonio cultural de Galicia

8.5.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos para desenvolver un programa de actuacións para difundir, estudar e preservar a obra de Manuel María

10.5.2019

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade de Salamanca para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

15.5.2019

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Paco Lareo (A Solaina de Piloño) para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega

15.5.2019

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol para a xestión da Biblioteca Municipal Central de Ferrol

24.5.2019

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital para proxecto de ampliación da biblioteca ilustrada e o equipo de son

24.5.2019

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Heracles para a realización de actuacións de normalización lingüística

27.5.2019

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Vicente Risco para a realización de actividades culturais

28.5.2019

10.000,00 €

Convenio de colaboración para a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación no ano 2019 entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U.

28.5.2019

125.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Corporación Radio Televisión de Galicia, S.A. para a realización de actividades de formación e o dispor de material audiovisual

29.5.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e a Helsingin Yliopisto (Finlandia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

30.5.2019

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Università degli Studi dei Perugia para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

30.5.2019

3.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o sindicato nacional de Comisións Obreiras de Galicia para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

31.5.2019

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Santiago de Compostela en materia de normalización lingüística

31.5.2019

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para o mantemento das dependencias da Casa Grande de Cimadevila e actividade cultural festa literaria do Premio Trasalba

4.6.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para a realización de actividades culturais

4.6.2019

6.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Repsol en materia de normalización lingüística

6.6.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a realización da XVII edición do Premio de poesía Afundación

10.6.2019

6.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Santiago de Compostela para promover e potenciar o galego a través da revista Dorna

10.6.2019

2.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

10.6.2019

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Confederación Intersindical Galega (CIG) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

10.6.2019

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Padroado do Museo do Pobo Galego para o financiamento durante o ano 2019 de parte dos seus gastos correntes, das actividades culturais e outros gastos de capital

13.6.2019

327.800,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a empresa Madpixel para a participación do Museo de Belas Artes da Coruña no proxecto Second Canvas

17.6.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e as dioceses da Comunidade Autónoma de Galicia para intervencións no patrimonio artístico de titularidade eclesiástica

17.6.2019

120.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Federación Coral Galega (Fecoga) para a realización de cursos, festivais e concertos

18.6.2019

24.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación arqueolóxica na Cova Eirós (Triacastela)

18.6.2019

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e a Eötvös Loránd Tudományegyetem (Hungría) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

18.6.2019

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Laxeiro para a realización de actividades culturais

19.6.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Cervo para a reforma da cuberta do centro cultural e de servizos á cidadanía de Cervo

19.6.2019

47.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a delegación territorial da ONCE en Galicia para actuacións en materia de normalización lingüística

19.6.2019

2.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Federal Fluminense (Brasil) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

20.6.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello do Carballiño para obras de rehabilitación da Casa da Cultura con destino a biblioteca municipal

21.6.2019

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Carlos Casares para a realización de actividades culturais

21.6.2019

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial para o desenvolvemento do XIV Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia-Culturmar

21.6.2019

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Cultural Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos de Museo Casa de la Troya para a colaboración nos gastos de xestión das visitas do Museo de la Casa de la Troya para o ano 2019

21.6.2019

8.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Amigos de la Ópera de Vigo para a realización de actividades culturais

21.6.2019

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Federación Española de Religiosos de Enseñanza de Galicia-Centros Católicos (Ferega-Ceca) para realizar actuacións en materia de normalización lingüística

21.6.2019

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

21.6.2019

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e ANPE Sindicato Independente para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

21.6.2019

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Gaiteiros Galegos para a realización das VI Xornadas sobre o baile tradicional e VII Xornadas arredor da música tradicional

26.6.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela para a realización de actividades culturais

27.6.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Silva de Sons para a realización do ciclo Espazos Sonoros no ano 2019

28.6.2019

50.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Galega de Editoras (AGE) para a asistencia e participación nas feiras internacionais do libro, realización de actividades de promoción e consolidación do sector do libro e mantemento da asociación no ano 2019

3.7.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre as consellerías de Cultura e Turismo e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a inclusión da candidatura das Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia na lista do patrimonio mundial da Unesco

5.7.2019

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Academia Xacobea para actuacións en materia de normalización lingüística

8.7.2019

3.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para a realización de actividades de promoción do libro e a lectura no ano 2019

11.7.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e a Universität Zürich (Suíza) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

12.7.2019

2.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Marco para a realización de actividades culturais, didácticas e de difusión durante o ano 2019

15.7.2019

100.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) para a realización de actividades culturais e a colaboración coa Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI)

15.7.2019

13.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a realización de actividades culturais conmemorativas do 350 aniversario da ofrenda do Reino de Galicia

16.7.2019

30.000,00 €

Convenio de colaboración para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas coa Uniwersytet Warszawski (Varsovia-Polonia)

16.7.2019

63.976,32 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro de Galicia no ano 2019

18.7.2019

120.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación de Bandas de Gaitas de Pontevedra para a divulgación da música galega a través da realización de cursos de formación

18.7.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez e o mantemento da fundación

19.7.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Noia para a dotación de equipamento para a posta en funcionamento do edificio municipal do Casino: Centro de Visitantes Multifuncional do Xeodestino da Ría de Muros-Noia

24.7.2019

60.000,00 €

Convenio de colaboración para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas coa University of Wales, Bangor (Reino Unido)

24.7.2019

62.199,20 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e a Sveučilišche ou Zadru (Croacia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

24.7.2019

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade de Estremadura para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

29.7.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal para obras de acondicionamento no Museo Valle-Inclán

2.8.2019

35.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da UDC en arquivos e museos da Consellería de Cultura e Turismo

5.8.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Aquea Querquenae-Vía Nova para a realización de actividades de promoción e divulgación do complexo arqueolóxico Aquis Querquennis no Concello de Bande (Ourense)

7.8.2019

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Dodro para a celebración do XXXII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

12.8.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración dunha investigación diagnóstico-avaliativa e prospectiva sobre a formación e a profesionalización na acción cultural pública en Galicia

30.8.2019

30.000,00 €