Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42667

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Resolución do 15 de xullo de 2019.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto Galego de Promoción Económica, mediante a Resolución do 15 de xullo de 2019 (DOG núm. 150, do 8 de agosto), esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao/á empregado/a público/a que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Resolución deste instituto do 15 de xullo de 2019.

Segundo. O cesamento no actual destino do/da empregado/a público/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o/a empregado/a público/a está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa o/a empregado/a público/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante este instituto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Apelidos e nome: Suárez Mansilla, Josefina María.

DNI (*): ***5666**.

Código do posto: IN.IGAPE.00.002.4050315.

Denominación: subdirector/a da Oficina Galicia Emprende.

Consellería: Economía, Emprego e Industria.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica.

Localidade: Santiago de Compostela.

*O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.