Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42685

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 148/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número PO 148/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Seijas Piñeiro contra Héctor José Carballo López, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que admitindo a demanda formulada por Iván Seijas Piñeiro contra a empresa Héctor José Carballo López, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar ao demandante a cantidade de 7.474,97 euros en concepto de retribucións salariais; ás ditas cantidades seralles de aplicación unha recarga por mora do 10 % anual. Con imposición de custas á empresa demandada.

Póñase esta sentenza en coñecemento do Fogasa para os efectos que procedan.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que non é firme, xa que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación que deberá resolver a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento, número 2322-0000-65-0148-17, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento dunha cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0148-17, a cantidade obxecto da condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro ao primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario “Xulgado do Social número 1 de Lugo” e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírtese ademais ás partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, se é o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para os efectos de notificacións, en cumprimento do disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Héctor José Carballo López, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 5 de setembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza