Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/IGVS/CMATV/2019/00024 interposto contra a resolución ditada no expediente VPC-010/2018.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Laura Rodríguez Pazos a resolución do recurso de alzada RA/IGVS/CMATV/2019/00024, do 24.8.2018 interposto contra o acordo do 24.7.2018, ditada polo xefe territorial da Coruña da entón Conselleria de Infraestruturas e Vivenda, recaída no procedemento sancionador VPC-010/2018.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de conformidade co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2019

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda