Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 Páx. 42580

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Jolu, Sociedad Cooperativa Galega

ANUNCIO de liquidación de cooperativa.

Na xunta xeral extraordinaria e universal de socios de Jolu, Sociedade Cooperativa Galega, do 4 de xuño de 2019, acordouse por unanimidade a liquidación da cooperativa e aprobouse o seguinte balance final de liquidación:

– Activo. Tesouraría: 41.114,50 €.

– Pasivo. Capital social e resultados negativos de exercicios anteriores: 41.114,50 €.

O proxecto de distribución aprobado na dita xunta, unha vez dotadas as provisións de gastos necesarias (impostos, publicación de anuncios, Notaría e inscrición rexistral), prevé unha distribución do activo da cooperativa a favor dos seus socios por importe de 28.764,39 €.

Vigo, 29 de xullo de 2019

José Luis Costa Alonso
Liquidador