Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 Páx. 42568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación do inicio do trámite de audiencia en relación cos expedientes de recursos de alzada contra as bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán e Busto (Lalín-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Oficina Comarcal de Infraestruturas Agrarias de Lalín da Consellería do Medio Rural (rúa Polideportivo, nº 1, baixo, Lalín, Pontevedra; teléfono 886 15 94 54).

Pontevedra, 11 de setembro de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

Rec. 104

35227546X

Trámite de audiencia

Rec. 104

76796860K

Trámite de audiencia

Rec. 276

35212564R

Trámite de audiencia

Rec. 276

35287910E

Trámite de audiencia