Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 Páx. 42334

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 9 de setembro de 2019 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento dos membros da Comisión de Docencia e Investigación no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

De conformidade coa previsión establecida polo artigo 479.4 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; o Real decreto 1704/2004, do 16 de xullo, determinou a sede do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), que foi creado e regulado polo Decreto 119/2005, do 6 de maio.

O citado decreto configura o Imelga como un órgano técnico ao servizo da Administración de xustiza que ten como función auxiliar os xulgados, tribunais, fiscalías e oficinas do Rexistro Civil en materia de medicina forense e prevé, no seu artigo 10, que, por proposta do seu Consello de Dirección se poderá crear unha Comisión de Docencia e Investigación, que define como aquel órgano superior de asesoramento en materia de formación, docencia e investigación que terá a súa sede en Santiago de Compostela. Establece, así mesmo, que a Presidencia da dita comisión corresponderá a unha persoa que sexa catedrática ou profesora universitaria e que estará integrada por tres persoas catedráticas ou profesoras universitarias, por tres persoas médicas forenses designadas tras proposta do Consello de Dirección e pola persoa que ocupe a Dirección do Instituto, que serán nomeadas, coa excepción deste último membro, mediante orde da consellería competente por razón da materia por un período de catro anos.

A creación do dito órgano, así como o nomeamento dos seus membros, realizouse mediante a Orde do 10 de febreiro de 2015 pola que se constitúe a Comisión de Docencia e Investigación no Instituto de Medicina Legal de Galicia e se nomean os seus membros.

Expirado o prazo de catro anos de duración do mandato establecido polo artigo 10 do Decreto 119/2005, do 6 de maio, e concorrendo, polo tanto, causa de cesamento dos membros da Comisión de Docencia e Investigación, débese proceder á renovación ou nomeamento de novos membros.

Por tanto, unha vez realizada a preceptiva proposta de designación polo Consello de Dirección do Imelga, de acordo co disposto no artigo 10 do citado Decreto 119/2005, do 6 de maio, e no exercicio das competencias atribuídas polo Decreto 74/2018, do 5 de xullo, que establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

DISPOÑO:

Primeiro

O cesamento como membro da Comisión de Docencia e Investigación do Instituto de Medicina Legal de Galicia de Tomás García-Caballero Parada, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.

Segundo

O nomeamento como membro da Comisión de Docencia e Investigación do Instituto de Medicina Legal de Galicia de María Sol Rodríguez Calvo, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela.

Terceiro

A renovación da presidenta e dos seguintes membros da Comisión de Docencia e Investigación do Instituto de Medicina Legal de Galicia:

Presidenta:

María Victoria Lareu Huidobro, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela.

Vogais:

Ana Bermejo Barrera, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela.

José Luis Cascallana Álvarez, médico forense do Imelga.

Eduardo Costas Costas, médico forense do Imelga.

Marta Medrano Varela, médica forense do Imelga.

Beatriz Otero Abadín, directora do Imelga, por razón do seu cargo.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza