Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 Páx. 42550

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 1/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 1/2019, seguido por instancia de Miguel Rojo Gundín contra Gestión Hostelera Abracane, S.L., sobre reclamación de conceptos salariais, se ditou o Auto de aclaración, do 15 de xullo de 2019, da Sentenza número 312/2019, do 12 de xuño de 2019, en que se rectifican a cantidade obxecto de condena e o nome dos intervenientes e contra o cal non cabe interpor ningún recurso.

Para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Hostelera Abracane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza