Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 24 de setembro de 2019 Páx. 42309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de setembro de 2019 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición contra a Resolución do 1 de outubro de 2014 (expediente PON/53/2013-R1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 5 de agosto de 2019, ditou resolución pola cal se declara desestimar o recurso potestativo de reposición interposto por Rafael Méndez Frieiro e Talleres Méndez Fernández, S.L. contra a Resolución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, do 1 de outubro de 2014, que declarou ilegalizable a actividade de almacenamento, déposito de vehículos e comercialización de material de desmantelamento propia dun taller que se desenvolve mediante a instalación dunhas estruturas metálicas, nas parcelas 116 e 117 do polígono 57, no lugar de Quintáns, parroquia de Simes, no termo municipal de Meaño, e ordenou a Talleres Méndez Fernández, S.L. a demolición pola súa conta das ditas obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras e o cesamento definitivo dos usos.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Vicente Souto Castro, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística