Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 24 de setembro de 2019 Páx. 42297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC Monte de Berdón, no concello de Vilagarcía de Arousa, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2018/399-4).

A instalación denominada LMTS, CTC Monte de Berdón, no concello de Vilagarcía de Arousa, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 18 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 2 de outubro de 2019, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Vilagarcía de Arousa.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lle comunicará a data e a hora na que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 10 de setembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS, CTC Monte de Berdón (Vilagarcía de Arousa)

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

m2 subsolo

Concello

1

Maceiriña

Agrario

Descoñecido

CT

12,96

7,85

Vilagarcía de Arousa