Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 23 de setembro de 2019 Páx. 40892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de documentación en relación co procedemento de acreditación como operario cualificado en instalacións de protección contra incendios (expediente PCI-2019-136).

A Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitiu escrito de requirimento de documentación en relación co procedemento de acreditación como operario cualificado en instalacións de protección contra incendios da persoa interesada que se especifica no anexo.

Intentada a notificación do citado requirimento a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola persoa interesada para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo servizo.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do presente anuncio, notifícalle á persoa interesada que se indica no anexo o requirimento antes citado.

A persoa interesada pode recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias do Servizo de Administración Industrial da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, rúa de Avelino Pousa Antelo, 5, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, infórmase á persoa interesada que, de conformidade co artigo 68.1 da citada lei, transcorrido o dito prazo sen que compareza, teráselle por desistida da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: PCI-2019-136.

NIF da persoa interesada: 76731448K.

Acto notificado: requirimento de documentación relativo co procedemento de acreditación como operario cualificado en instalacións de protección contra incendios.