Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 23 de setembro de 2019 Páx. 40877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 570/2019).

DOI. Despedimento obxectivo individual 570/2019

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: Esperanza Castro Freire

Graduado social: Francisco Javier Castro Freire

Demandados: Eurofrut, S.L., Luis Alberto García Pombo Fernández

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 570/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esperanza Castro Freire contra Eurofrut, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019.

Dada conta:

Logo de comunicado a este órgano xurisdicional por parte da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o cesamento da maxistrada de reforzo xuíza de adscrición territorial, Elena Calleja Curros, con efectos do día 2 de setembro de 2019, e estando atribuído o coñecemento deste asunto á quenda de repartición da referida maxistrada, déixese sen efecto a referida repartición e aquéndese de novo o procedemento á quenda de repartición da maxistrada titular deste órgano xudicial.

Así mesmo, constando efectuado sinalamento de xuízo oral neste procedemento para o día 1 de outubro de 2019, déixese sen efecto este e procédase á suspensión con notificación ás partes e a un novo sinalamento para o día 18 de novembro de 2019, ás 10.15 horas, na sala de audiencia 1 deste órgano xudicial, primeiro dispoñible por razón de reorganización da axenda de sinalamentos da maxistrada titular.

A notificación desta resolución é válida como citación en legal forma ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Eurofrut, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza