Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 23 de setembro de 2019 Páx. 40801

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2019 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 17 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 16 da Orde do 17 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde.

Crédito orzamentario inicial: 200.000 €. O custo total das subvencións concedidas irá con cargo á aplicación 5001.413A.481.21, co código de proxecto 201400027, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

No que se refire aos beneficiarios, importes concedidos e finalidade da subvención: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Entidades beneficiarias subvención

Posto

Núm.

expediente

CIF

Entidade

Programa

Importe

adxudicado (€)

1

SA462B-2

G36642726

Asociación de axuda ao toxicómano. Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos I

40.000,00

2

SA462B-3

G36642726

Asociación de axuda ao toxicómano. Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos II

40.000,00

3

SA462B-4

G36642726

Asociación de axuda ao toxicómano. Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos III

40.000,00

4

SA462B-5

G36208387

Asociación Rexurdir Provincial

Piso de apoio ao tratamento, social e laboral o drogodependente

40.000,00

5

SA462B-1

G32106429

Asociación ourensana de ayuda al toxicómano ATOX

Piso de acollida para a incorporación social

40.000,00