Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40794

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para construción dunha unidade residencial en solo rústico.

Logo de aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 10 de setembro de 2019, o Plan especial de infraestruturas e dotacións para construción dunha unidade residencial en solo rústico, no concello das Pontes de García Rodríguez, sométese o expediente ao trámite de información pública, conforme establecen o artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 186.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, durante un prazo de dous (2) meses, contado a partir do día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado no Negociado de Urbanismo do Concello e se poderán presentar as alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos.

As Pontes de García Rodríguez, 16 de setembro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto 993/2019, do 24 de xuño)
Antonio Alonso Román
Concelleiro-delegado da Área de Urbanismo e Coordinación do Goberno