Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40752

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) no segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Calidade
Alimentaria no segundo cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe económico (€)

Data da sinatura

Convenio marco de cooperación educativa subscrito entre a Universidade Politécnica de Madrid e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Non

12.4.2019

Convenio de cooperación educativa entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas

Non

22.5.2019

Convenio marco entre a Escola Galega da Administración Pública e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

Non

5.6.2019

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) para a promoción de actividades de I+D+i nos centros de investigación dependentes e adscritos á Agacal

Non

16.6.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o Concello de Ribadavia para a celebración da Feira do Viño do Ribeiro 2019

10.000 €

28.6.2019

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo, a Universidade da Coruña e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria para a realización de prácticas de alumnos/as do máster universitario en Biodiversidade Terrestre: caracterización, conservación e xestión

Non

18.7.2019

Convenio marco de colaboración entre a Universidade de Burgos e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria para a realización de programas de cooperación educativa

Non

22.7.2019

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento e implantación dun sistema de información para a xestión do Departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

200.000 €

31.7.2019