Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 18 de setembro de 2019 Páx. 40546

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa para a obtención do solo do sistema xeral viario, acción VG 6, avenida Fisterra 2, do Plan xeral de ordenación municipal.

A Xunta de Goberno Local o día 23 de maio de 2019 acordou:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención do solo do sistema xeral viario, acción VG 6, avenida de Fisterra 2, elaborado polos técnicos municipais do Servizo de Planeamento e Xestión. O importe do presente proxecto de expropiación ascende á cantidade de 157.116,15 €, existindo crédito adecuado e suficiente no orzamento de 2019 (orzamento prorrogado de 2018) con cargo ás aplicacións 30.151.600.05.17 (código de proxecto 2014 2 30 6) e 30.151.600.05.16 (código de proxecto 2014 2 30 6).

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro. Ordenar a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como na sede electrónica municipal, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Cuarto. Notificar as taxacións de forma individual a aquelas persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das correspondentes follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data da notificación e requirirlles que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios/as ou titulares doutros dereitos.

Quinto. Con respecto aos interesados que teñen realizado previamente o seu ofrecemento a transmitir ao Concello da Coruña os bens inmobles obxecto deste expediente expropiatorio, para os efectos de acadar o mutuo acordo e, de ser o caso, a finalización do expediente, seguiranse neste suposto os trámites previstos no artigo 24 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e nos artigos 25 a 27 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, sempre que se cumpran os requisitos previstos no artigo 43.4 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana».

O expediente estará á disposición xeral, durante o prazo dun mes, nas dependencias do Departamento de Xestión do Solo, sitas no edificio de Urbanismo, na rúa Indalecio Prieto, nº 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, e na web deste concello www.coruna.gal, no punto da sede electrónica (información pública, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña).

A Coruña, 9 de agosto de 2019

A alcaldesa
P.D. (XGL do 28.7.2019, BOP nº 124, do 3 de xullo)
José Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº parc.

Situación

Titular catastral

Referencia catastral

Superficie expropiada (m²)

1

San José 2

Herdeiros de Josefa Boedo Rodríguez

Roberto Canzobre Rodríguez (DNI 08…90. N)

María Fernanda Canzobre Rodríguez
(DNI ..10..12 Z)

5702208NJ4050S0001IY

254,71

2

San José 4

Herdeiros de Pilar Boedo Pardo

5702207NJ4050S0001XY

140,36

3

San José 6

Esther González Iglesias (DNI 3..1.95. P),
María Luz Suárez Mantiñán (DNI ….4901 Y),
Herdeiros de Concepción Suárez Mantiñán, Manuela Suárez Mantiñán (DNI 32…12. L),
José María Suárez González (DNI ..408.0. J), Emilio Suárez González (DNI ..4226.. H), Luis Manuel Suárez González (DNI .2.2.2.5 R) e Natividad Suárez González (DNI ..76..43 E)

5702206NJ4050S0001DY

37,52

4

San José 8

Purificación Vázquez Suárez (DNI 32..4..9 N) e María Luz Vázquez Suárez (DNI ….5999 T)

5702205NJ4050S0001RY

49,00

5

San José 10

Antonio Seoane Lorenzo (DNI 32….04 M)

5702204NJ4050S0001KY

51,20

6

San José 14

Julio Rodríguez Morato, María Luisa Rodríguez Morato (DNI 3….910 W), Diana Marine Rodríguez (DNI ..40..88 G), Vera Marine Rodríguez (DNI .640…9 C)

5702202NJ4050S0001MY

345,56

7

San José 16

Antonio Seoane Lorenzo (DNI 32….04 M)

5702201NJ4050S0001FY

141,80

8

San José 18

Herdeiros de Adela Blanco Boedo

5601413NJ4050S0001FY

63,60

9

San José 18 D

Herdeiros de Adela Blanco Boedo

5601412NJ4050S0001TY

43,60

10

San José 20

María Dolores Gosende Blanco (DNI 3…57.6 Z) e Carlos Díaz-Pache Montenegro (DNI ..555.8 B)

5601411NJ4050S0001LY

78,70

11

San José 22

Antonio Seoane Lorenzo (DNI 32….04 M)

5601410NJ4050S0001PY

31,80

12

San José 24

Antonio Fernando Díaz Barreiro (DNI ..83..35 Y)

5601409NJ4050S0001TY

63,10

13

San José 26

Antonio Fernando Díaz Barreiro (DNI ..83..35 Y)

5601408NJ4050S0001LY

156,94

14

San José 28

María Dolores Boedo García (DNI 3...573 N)

5601407NJ4050S0001PY

47,54

15

San José 30

María Iglesias Naya (DNI 32..76.. X)

5601406NJ4050S0001QY

49,90

16

San José 32

Laura Sánchez Souto (DNI..7654.. R)

5601405NJ4050S0001GY

29,50

17

San José 34

Manuela López Sande (DNI 3227…. J), Montserrat Losada López (DNI ..88..13 P) e José Manuel Losada López (DNI 3…580. K)

5601404NJ4050S0001YY

39,85

18

San José 36

Elvira Losada Martínez

5601403NJ4050S0001BY

52,46