Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 17 de setembro de 2019 Páx. 40464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-718/2019-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-718/2019-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para ela no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 5 de septiembre de 2019

O xefe territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 6.10.2017)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-718/2019-PPM

53302264V

Inicio

Rúa Moruxo, 127, Gandarío-Bergondo

PSC-CO-797/2019-TRA

47362281Z

Inicio

Avda. Fernando Blanco, 59-4º esq., Cee

PSC-CO-820/2019-PPM

47385130R

Inicio

O Portiño, 27 baixo, A Coruña