Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 16 de setembro de 2019 Páx. 40348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 19 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o escrito de trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social 34273569G/11/07/2019/2.1.E e catro máis.

Intentada a notificación do escrito de trámite de audiencia, ditado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polo que se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, faise saber que o dito escrito de trámite de audiencia non pon fin á vía administrativa e que, contra el, cabe formular escrito de alegacións, ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 37.3 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, regulador dos procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas, durante este prazo, poderanse presentar ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, nº 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do escrito do trámite de audiencia ditado polo xefe territorial.

Advírtese ás persoas interesadas que se non formulan alegacións en tempo e forma, a proposta de inicio do expediente sancionador adquirirá firmeza.

Ourense, 19 de xullo de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Proposta de sanción

34273569G

34273569G/

11/07/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/ subsidio por desemprego

44484534G

44484534G/

10/07/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/ subsidio por desemprego

51103561E

51103561E/

10/07/2019/2.2.B

Artigo 25.4.b)

Artigo 47.1.b)

Perda de tres meses da prestación/subsidio por desemprego

44462943X

44462943X/

04/07/2019/2.2.A

Artigo 17.2

Artigo 47.2.a)

Baixa na demanda de emprego durante o período de tres meses

Y2004171B

Y2004171B/

07/05/2019/2.1.D

Artigo 24.3.d)

Artigo 47.2.a)

Baixa na demanda de emprego durante o período dun mes